Language   

Cantares

Celso Emilio Ferreiro
Language: Galician




Que ninguén queira ensinarme
onde hei de buscar a frol,
cómo hei de beber o viño,
cando hei de tomar o sol.‎

Que naide quera ordearme
as treces que hei de rezar,
os libros que debo ler,
os vítores que hei de dar.‎

O que sei seino de abondo
dende o comenzo até ó fin:
sei do día, sei da noite,
sei da historia que vivín.‎

Na vella sabiduría do meu sangue
adeprendín que a morte levoa conmigo
dende o día en que nacín.‎

Que ninguén sabe ren
dai alma de cada quen.‎



Main Page

Please report any error in lyrics or commentaries to antiwarsongs@gmail.com

Note for non-Italian users: Sorry, though the interface of this website is translated into English, most commentaries and biographies are in Italian and/or in other languages like French, German, Spanish, Russian etc.




hosted by inventati.org