Originale | Traduzione italiana di Lorenzo Masetti |
MILONGA DE AQUÍ | MILONGA DI QUI |
| |
Con aire fresco de mar | Con aria fresca di mare |
Curo feridas e loitos | Curo ferite e lutti |
Que sexan poucas ou moitos | che sian pochi o sian molti |
É necesario sanar | è necessario sanare |
E vendo o mundo rodar | E vedendo il mondo girare |
Dando tumbos de vencido | barcollando da sconfitto |
Dou por perdido o perdido | do per perso ciò che è perso |
E recollo o que quedou | e raccolgo quel che restò |
E co que me queda vou | e con quel che mi resta andrò |
Seguindo o meu percorrido | seguendo il mio percorso |
| |
Para seguir camiñando | Per continuare a camminare |
Fago noite na esperanza | Faccio notte nella speranza |
Apóiome nas lembranzas | Mi appoggio ai ricordi |
E aliméntome de sons | e mi alimento di suoni |
E nútrome das cancións | e mi nutro di canzoni |
Que dan cor a esta existencia | che dan colore a questa esistenza |
Evitando a disidencia | evitando la dissidenza |
Dun obrigado vivir | di un obbligato vivere |
Que me fan chorar e rir | che mi fan piangere e ridere |
Que me instalan na insurxencia | che mi installano nell'insorgenza |
| |
E quero bailar ao ritmo | E voglio ballare al ritmo |
Do que vive ilusionado | di chi vive emozionato |
E coa voz do silenciado | e con la voce del silenziato |
Cantar quero con paixón | voglio cantare con passione |
Coa querenza e coa emoción | con emozione e con l'amore |
Da que non pretende nada | di chi non si aspetta nulla |
Máis que seguir namorada | più che continuare a innamorarsi |
Mentres quede corazón | finché c'è ancora il cuore |
| |
Aspiro a soñar esperta | Aspiro a sognare da sveglia |
Para facer máis levadeiro | per rendere più sopportabile |
Este treito traizoeiro | questo tratto traditore |
que garda unha fin incerta | che riserva una fine incerta |
e cantar a gorxa aberta | e cantare a gola aperta |
e deseñar utopías | e disegnare utopie |
para encher de luz os días | per riempir di luce i giorni |
en que o sol non me sorrí | in cui il sole non mi sorride |
en que non te teño a ti | in cui non sei al mio fianco |
para inspirarme melodías | a ispirarmi melodie |
| |
E así seguirei rimando | E così continuerò a far rime |
No medio do bombardeo | nel mezzo del bombardamento |
Emulando o canso reo | emulando lo stanco imputato |
Reconvertido en poeta | riconvertito in poeta |
Que ten o fóra por meta | che ha il fuori come meta |
E ten o dentro baleiro | e ha dentro un grande vuoto |
Un ollar sempre tristeiro | uno sguardo sempre triste |
E o pensamento no ar | e il pensiero nell'aria |
Onde voa o meu cantar | Dove va il mio cantare? |
Onde non hai carcereiro | dove non c'è un carceriere |
| |
E quero bailar ao ritmo | E voglio ballare al ritmo |
Do que vive ilusionado | di chi vive emozionato |
E coa voz do silenciado | e con la voce del silenziato |
Cantar quero con paixón | voglio cantare con passione |
Coa querenza e coa emoción | con emozione e con l'amore |
Da que non pretende nada | di chi non si aspetta nulla |
Máis que seguir namorada | più che continuare a innamorarsi |
Mentres quede corazón | finché c'è ancora il cuore |
| |
Invocando a redención | Invocando la redenzione |
Neste recuncho do mundo | In quest'angolo del mondo |
Faise o meu cantar profundo | Si fa il mio canto profondo |
Como a terra en ultramar | come la terra in oltremare |
Coro faise o meu cantar | Si fa coro il mio cantare |
Ao saberme secundada | Al sapermi assecondata |
Aínda sendo abandeirada | pur essendo portabandiera |
Dos que as levan de perder | di chi porta la sconfitta |
É por eles que hei morrer | è per loro che morirò |
Sentíndome acompañada | sentendomi accompagnata |
| |
E na liberdade áurea | E nella libertà aurea |
Do melódico elemento | del melodico elemento |
Baila a risa co lamento | balla il riso col lamento |
E o cego co soñador | e il cieco col sognatore |
O paria co gañador | il paria col vincitore |
e o rebelde co castrado | e il ribelle col castrato |
que, co sentir mutilado, | che, con sentire mutilato, |
ignora aquilo que eu sei | ignora quel che io so |
por el é que eu berrarei | è per lui che griderò |
para velo liberado | per vederlo liberato |