Lingua   

Cholo peruán

Xulio Formoso
Lingua: Galiziano


Xulio Formoso


Negro nacín no fosco sul,
son un tribeño de Vietnam,
estudo leis en París,
chámome Cholo peruán,
galego son de beiramar.

Apaño golpes no sub-way,
véxolle os dentes ao napalm,
de leis non quero vivir,
en Lima afártome de fame,
o medo abafa o meu fogar.

En todas partes
na primavera
as árvores enchense de flores.
Non embergantes
endexamáis
florece o tempo no meu cor.

Negro nacín no fosco sul.
Son un tribeño de Vietnam,
Estudo leis en París,
Chámome Cholo peruán
galego son de beiramar.

Prenderei fogo a Jacksonville,
os invasores morrerán.
As barricadas son o meu,
na serra fálame a mañá,
en Santiago hei de cantar.

En todas partes
na primavera
as árvores énchense de flores.
Haberá un dia
que o tempo novo
encha de flores o meu cor.



Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org