Lingua   

A história do meu povo

Xulio Formoso
Lingua: Galiziano




Vouvos contar a história do meu povo
agora que me toca a min cantar.
A história do meu povo é o traballo
pola terra e o mar.
Nunca tivemos reis
nin cabalos de guerra quixemos cabalgar.
falamos unha lingua campesiña
que xamáis en mil anos soñou en protestar.
A história do meu povo é o traballo
pola terra e o mar.
A história do meu povo é o presente,
e eiquí quero acabar.
Son os mozos que lle berran á história
pola terra e o mar.
Meu povo nunca foi señor da súa terra,
nin tivo escravos, porque escravo é.
A liberdade gañouna coa fuxida
cativa liberdade de noite sen mencer.
A história do meu povo
ha de ser o traballo
farturento e en paz.



Pagina principale CCG

Segnalate eventuali errori nei testi o nei commenti a antiwarsongs@gmail.com




hosted by inventati.org